DOMINGO DE ENTROIDO

19-02-2012

Início do Evento: 12h00 (hora local)

Localização: Rúas de Verín


Día grande do Entroido.
Pola mañá, unha descarga de foguetes despertará a todos os entroideiros, seguida da concentración de carrozas, comparsas, máscaras e cigarróns ás 12 horas no Barrio de San Roque para o gran Desfile de Entroido que comezará a partir das 12:30 horas. A Banda de Gaitas do Concello de Verín e as charangas Mekanica, Xente Nova, Támega e CBD serán as encargadas de acompañar o desfile, percorrendo as rúas Luis Espada, Alameda e as prazas da Alameda e García Barbón. Na sesión vespertina e nocturna, continuará a animación musical polas rúas da vila a cargo de charangas e; nas prazas Maior e García Barbón, actuarán a orquestra Cinema e grupo Garibaldi.
Organizador: Concello de Verín
web engineered by hostname.pt